Queridos carballeses:
Esta semana cúmprense 45 anos da miña chegada a Carballo. Desde O día 3 de agosto de 1972 estou ao voso servizo .Toda unha vida. Deivos os mellores anos da vida e do sacerdocio co afán de servir. E vós déstesme acollida e cariño, axuda e colaboración.
Cantas cousas fixemos xuntos! Non penso só nos acontecementos importantes e nas obras materiais: construción do Complexo parroquial, da Capela da Brea, do Santuario de San Cristovo, da recuperación do edificio do Centro Social San Xoán Bautista, da Capela da Milagrosa, das obras e programas de Cáritas…
Penso nas cousas normais de todos os días que forman a vida da parroquia: a convivencia e trato diario, os problemas, alegrías e sufrimentos de toda as familias…tantas horas adicadas á catequese… tantas celebracións da Misa e dos Sacramentos… Bautismos, Primeiras Comuñóns, acompañamento no pasamento dos seres queridos….
ACCIÓN DE GRAZAS
Dou gracias a Deus noso Pai por todo, e por tantos xenerosos e leais colaboradores, que vindes adicando tempo, esforzo e axuda material as tarefas da Parroquia. Que Deus volo recompense.
Síntome feliz en Carballo. Aínda que non nacín aquí, síntome carballés de corazón. Aquí enterrei aos meus pais, e aquí quero gastar o resto da miña vida e repousar. Reitero a miña dispoñibilidade para seguir servindo como sacerdote e axudarvos a vivir crstiamente.
RENOVADE A VIDA CRISTIÁ
Pero teño unha preocupación que me desacouga: o aloxamento e abandono da practica relixiosa dos nenos xa despois da primeira comuñón, dos mozos despois da confirmación, e o enfriamento da vida cristiá nas familias.
Por iso nesta data pídolle ao Señor e pídovos a vós queridos carballeses que renovemos a vida cristiá nas familias e veñades cos fillos e netos á Misa dominical: volvede a unha vida cristiá en familia e recibide os Sacramentos. Vinde… volvede… entrade… Renovade a vida cristiá!
Que o Señor por intercesión de María nosa Nai, e do noso patró San Xoán Bautista bendiga e recompense a todos.
45 anos xuntos, deámoslle grazas a Deus!
Publicación anterior