Nesta nova edición de A Xanela publicase a invitación para os actos de clausura do curso así como a entrega de Diplomas dos Cursos formativos para a inserción laboral. O acto será o xoves 14 de xuño as 20,30 hs, no Salón de Actos da Parroquia de Carballo, co seguinte programa:
-Memoria do curso e da Obra Social da Parroquia, a a cargo de Manuel A. García Gomez, Secretario do Consello Parroquial
-Intervención das Autoridades: José García Gondar, Cura Párroco; Auncio Mouriño Rañó, Director Cáritas Diocesana; Evencio Ferrero Rodriguez, Alcalde de Carballo; Arturo Parrado Puente, Director Xeral de Inclusión Social da Xunta;
– Entrega de Medallas da Parroquia
– Entrega de Diplomas dos cursos formativos para a inserción laboral:
– Corte e Confección-maquinista industrial
– Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais
– Curso de axudante de cociña profesional
– Curso de axudante de repostería profesional
Damos a noraboa aos alumnos que con constancia e interés remataron os cursos, co desexo que axuden a inserción laboral.
E agradecemos as entidades e institucións que nos apoiaron na realización dos cursos (Xunta de Galicia, Concello de Carballo, Caritas Diocesana), e de xeito especial aos monitores dos cursos, voluntarios de Caritas, catequistas e colaboradores das diversas actividades realizadas neste curso.
Recollemos tamén un artigo de Xosé Pumar titulado “Axentes de Pastoral”, así como una reflexión sobre Deus de Keylor Navas: «Para mí, Jesús es más importante que la Champions, confesó el portero del Real Madrid».
Feliz semana!
José García Gondar

