Publicada A Xanela Nº 314

por parroquiacarballo

Publicamos neste novo número de A Xanela un artigo de Xosé Pumar titulado “Heroico clero del rural”, así como un decálogo para vivi o Nadal.

Recollemos tamén todos os avisos para a semana: bendición das imaxes do Neno Xesús, visita dos confirmandos á residencia de maiores, a Misa de Noiteboas, a escinificación do Belén, a celebracións das Vodas de Diamante, Ouro e Prata Matrimoniais, etc.

Os  días do Nadal son días para compartir coa familia e os amigos e, por iso, quero desexarche que vivas intensamente, na calor do fogar, estas datas tan entrañables, pero sen esquecer a cantos viven en soidade.

Prego para ti e os teus un Bo Nadal e un Ano Novo 2020, camiño xa do Ano Santo Campostelán, cheo das bendicións do Señor.

Que como os Magos, guiados pola estrela da Fe, nos poñamos en camiño e atopemos a Xesús na Eucaristía e nos irmáns, ofrendándolle o “ouro, incenso e mirra” do noso amor e agarimo…

Graciñas pola amizade, apoio e colaboración nas actividades da Parroquia, de Cáritas e do Centro Social San Xoán Bautista.

Espero poder seguir contando co teu apoio no ano que vai comenzar.

Que o Señor te bendiga e recompense.

Feliz semana, Feliz Nadal!

José García Gondar

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?