Publicada A Xanela Nº 328

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Unha semana máis abrimos esta publicación para  facer chegar a todas as familias o saúdo garimoso da Parroquia e a cercanía e bendicións deste cura que nas alegrías e nas penas quere estar ao voso lado.

Unha aperta especial para os enfermos e as súas familias, para os maiores e os que están sos, para as familias necesitadas, para os nenos do catecismo. Unha plegaria polos falecidos estos días.Rezamos por eles e polos seus.

Cada día na Eucaristía que celebro rezo por toda a Parroquia. Rezo polos enfermos, en especial os enfermos por coronavirus. Rezo intensamente cada día por os médicos e sanitarios, polas forzas do orden, por cantos están colaborando .

Nesta Xanela publicamos un artigo de Xosé Pumar titulado “Aproveitemos a cuarentena”, así como todos os servizos que agoramente está ofrecendo a parroquia: servizo de escoita e acompañamento espiritual e psicolóxico, atención de Cáritas, recursos multimedia que nos axudan á formación e á oración, etc.

Deste esta semana, coincidindo co inicio do Septenario á Nosa Señora das Dores, podremos orar e reflexionar a través dos audios publicados na páxina web.

De corazón e para o que precises, chama ou escribe un WhatsApp ao 699316079

José García Gondar

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?