Queridos lectores de A Xanela
O próximo día 6 de maio D. Julián Barrio virá a Carballo para confirmar a 50 mozos. Vai a ser a última celebración que faga como Arcebispo, xa que o día 3 de xuño iniciará o seu ministerio o novo Arcebispo D. Francisco José ata agora Bispo Auxiliar. Antes será recibido no Concello para firmar no Libro de Ouro e recibir o escudo de Carballo.
Por iso en nome propio e dos sacerdotes de Bergantiños, do Consello Pastoral das parroquias da Unidade Pastoral , de Caritas de Bergantiños, queremos darlle as grazas ….e manifestar o noso cariño ao noso bispo, pai, amigo, irmán e pastor.
Anímovos a ler este número no que se pon de manifesto o noso recoñecemento e gratitude polo gran labor pastoral de D. Julian á Diocese e ás nosas parroquias: 30 anos de ministerio Episcopal de entrega incansable.
Feliz semana
José García Gondar