Queridos lectores de A Xanela
Bo Nadal!
Quero facervos chegar a miña felicitación de Nadal a través deste videomensaxe:
Feliz Nadal. De corazón vos desexo a todas familias. Xa sabedes que hai mais felici- dade en dar e compartir que en recibir. A fonte da felicidade está en darse. Nas nosas casas e nas nosas igrexas estamos a facer o Belén…. No Centro Social está a exposición de 250 Beléns feitos polo profesor de Fonteboa Sindo Capelo, e no Museo de Bergantiños a interesante exposición de Beléns do mundo …
Uhna das escenas que máis me conmoven no Nacemento é cando na pousada de Belén, de malas maneiras lle pechan a porta a María e a Xosé . Non houbo sitio, pecharon a porta e tivo que nacer nun pesebre. Por eso intentei sempre ter como lema da miña vida sacerdotal “abrir portas e acoller” con uhna sonrisa e amabilidade, e que a parroquia sexa unha casa aco- lledora e coas portas sempre abertas.
Pero o mellor Belén no que é acollido Xesús é sen dúbida a CARPA que CARITAS instalou no adro parroquial de Carballo, e as “ofrendas dos pastores” son os alimentos para a Campaña de Nadal “Operación Kilo-Litro”.
O pregón de Nadal que o sábado 23 nos ofreceu o Arcebispo emérito D. Julián Barrio e o recital de panxoliñas coa invitación a que cada asitente veña con un KILO_LITRO quere ser tamén unha invitación a solidariedade con todos especialmente cos mais vulnerables, e que podedes escoitar e ver nesta nova:
A Cea solidaria de Noiteboa no Centro Social, as vivendas de acollida, o Fogar Dª Basilisa, e demais obras de Caritas…., queren invitarnos a ser a pousada na que sempre acollamos a Xesús nos irmáns, a diferencia do que pasou en Belén.
Pero non podemos ser solidarios somentes no Nadal, senón durante todo o ano, porque cada vez que amas é Nadal . Cada vez que amamos, cada vez que damos, é Nadal. Abramos de par en par as portas da esperanza, do noso corazón con xenerosidade para acoller a Xesús en cada irmán.
BO NADAL!