Publicada A Xanela Nº 532

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Esta semana publicamos un número especial, xa que está centrado nos actos da Semana da Familia que vai ter lugar neste ano. Desde fai 37 anos a Parroquia de Carballo e a Asociación de Pais Católicos ven organizando durante a Pascua e  nas vísperas do día da Nai a  Semana da familia. Facemos unha invitación especial ás familias de Carballo a renovar a nosa fe, a recibir os Sacramentos e a consagrarnos a María ante a imaxe da Milagrosa. Durante todo este mes da Pascua, e dexeito especial nesta XXXVII Semana.

Comezamos este domingo ca presentación dos nenos que van facer a Primeira Comuñón e renovación das promesas Bautismo e remataremos a mediados de maio, ca Peregrinación a San Giovanni Rotondo (P. Pío)-Loreto-Medjugorge

“Las familias no son un problema, son sobre todo una oportunidad” (Amoris Laetitia #7). Pero  a familia é a institución máis atacada nos últimos anos. Defendamos á familia, porque é o proxecto de Deus para o home e a muller.

Oremos polas familias. Que a Sagrada familia bendiga a todas as familias.

Feliz semana

José García Gondar

Semana_familia_24

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?