Publicada A Xanela Nº 542

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Un ano máis chegan as Festas patronais de San Xoán. Son días para a ledicia, a convivencia fraterna, para xuntarse a familia, lembrar os que nos precederon, e compartir cos que o están pasando mal. Presentaremos como ofrenda un cuadro de San Xoán de Santiago Luaces, no día do patrono.

Un saúdo e unha aperta garimosa para todos, especialmente  para aqueles que por causa de enfermidade, do traballo ou de cualquera otra circunstancia no poden acompañarnos nestes días. Vos teremos presentes no noso corazón e na nosa oración.

Ao sentir o estoupido das bombas de palenque durante a Proce-sión tamén lembramos a Ucrania, Palestina e a todos os pobos onde hai guerra. Pedimos a Paz para eles e para as familias nas que hai violencia.

O meu sincero agradecemento aos funcionistas, á Coral de Bergantiños, a todos os voluntarios da Parroquia e de xeito especia aos que durante este ano  co seu traballo e colaboración xenerosa axudan desde Cáritas a cantos están sofrindo a falta de traballo e necesidades básicas.

Esta semana quero facer unha mención especial a D. Xesús Antelo. O domingo 16 de xuño o despedimos na emotiva celebración presidida por D. Julián Barrio, 37 sacerdotes e centos de fregueses de Cances e outras parroquias da
unidade Pastoral. Foi a homenaxe anticipada ás súas Vodas de Diamante. A súa familia, os Sacerdotes do Arciprestado de Bergantiños, o Consello Pastoral e os seus fregueses agradecen tanto cariño e oración.

Que o Señor, por intercesión da Virxe Nosa Nai, e do Patrono San Xoán Bautista, vos bendiga a todos. Moitas grazas e felices festas!

¡FELICES FESTAS A TODOS OS CARBALLESES E AMIGOS QUE NOS VISITAN!

José García Gondar

San Xoán_2024

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?