Unha Xanela aberta en Carballo

por parroquiacarballo

A parroquia de Carballo leva máis de seis anos difundido a súa “Xanela”, a folla parroquial da unidade pastoral desta localidade.E xa van máis de trescentas edicións.De periodicidade semanal, cada domingo repártense seiscentos exemplares en papel, oitocentos por correo eléctronico e trescentos por Whatsapp.

DESCARGAR A XANELA

A parroquia que coordina don José García Gondar non se afasta das posibilidades dese novo apostolado, e conta cunha páxina web bastante activa.

En cada “Xanela” o párroco chega as súas reflexións, e tamén se informa das actividades e convocatorias máis destacadas na parroquia. Por exemplo, da visita que realizará o vindeiro luns a Carballo, o Obispo auxiliar de Compostela, don Jesús Fernández.

A magnífica páxina de dos Xosé Pumar Gándara

E ademais conta cun enorme valor engadido, a páxina de don Xosé Pumar Gándara. Unha colaboración semanal onde este cronista bergantiñán e erudito,  ofrecénos interesantes artigos sobre etnografía, cultura ou historia no idioma de Rosalía.

Este esforzo que realizan desde a parroquia de San Xoán Bautista de Carballo é mostra da xenerosidade e compromiso, cuns principios, neste caso relixiosos e de vontade servizo á comunidade. Longa vida á Xanela!

Fuente: Adiante Galicia

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?