27 anos de xuntanza con D. Antonio Rouco Varela en Carballo

por parroquiacarballo

O xoves día 18 de agosto, tivo lugar unha nova xuntanza de amigos, e xa van 27 edicións, en Carballo. Sobre a unha da tarde chegaba ao adro da igrexa parroquial San Xoán Bautista, en plena remodelación, D. Antonio Rouco Varela, donde o esperaba o párroco e anfitrión destes encontros, D. José García Gondar.
Asitiron ademais do arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio Barrio, e os bispos de Lugo, D. Alfonso Carrasco, e o de Tui-Vigo, D. Luis Quinteiro Fiuza, monseñor Salvador Domato Búa, o vicario xeneral de Santiago D. Victor Maroño, o vicario de A Coruña D. José Luis Veira Cores,  o vicario xeneral de Lugo D. Mario Vázquez Carballo, o reitor do Seminario Maior, D. Carlos Álvarez Varela, o reitor do Seminario Menor, D. Manuel Ferreiro Méndez, o delegado de Medios de Comunicación, D. Manuel Blanco Vázquez, o delegado de Catequese, D. Miguel López Varela, así como D. Eduardo Puga Vila, D. Andrés García Vilariño, D. Antonio Ferreirós, D. José Antonio Vázquez Cabarcos, D. Jesús Barrientos Lema, D. Jesús Antelo Quintáns, D. Jesús Bello Mato, D. Mario Cotelo, D. Aquilino Fernández, D. Ricardo Villaverde Gondar, D. Ricardo Villaverde Gómez, etc.
Primeiramente,  houbo un momento de oración de acción de grazas na igrexa parroquial, donde tamén se pediu por todos os falecidos que outros anos asistían a estes encontros.
Posteriormente, e coincidieno que nesta semana D. Antonio Rouco cumpre 80 anos, D. Eduardo Puga deu lectura a unha poesía elaborada por D. Xosé Pumar Gándara en homenaxe ao cardeal arcebispo emérito de Madrid. Ca entrega a Rouco Varela, por parte de García Gondar, dun cadro co poema e cas imaxes máis significativas da súa vida, rematou a primeira parte desta xuntanza.
Finalmente, tivo lugar a comida de confraternidade nun restaurante coñecido da zona en donde tamén se lle fixo un agasallo a monseñor Julián Barrio polos 70 anos recentemente cumplidos.
 
«El trabajo en Carballo es excelente» (artículo publicado en La Voz de Galicia)
 
[ot-gallery url=”https://parroquiacarballo.org/gallery/27-anos-xuntanza-d-antonio-rouco-varela/”]
 
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?