Aclarando dúbidas teolóxicas

por

Ao clausurar o curso da EDAP e da Aula de Pensamento Teolóxico celebrado un ano mais na Parroquia de Carballo, quixera compartir con todos os lectores algunhas  reflexións ante  as moitas preguntas que se me plantexaron nos últimos días

1.-Cando lemos o relato da Creación do Mundo no libro do Xénesis, non estamos lendo unha crónica periodística nin un informe científico. Senón: unha reflexión catequética, visto o mundo existente, para descubrir a obra de Deus.Iso foi o que fixo o pobo hebreo e algo semellante fixeron outras Culturas antigas.

2.-Lemaitre foi un sabio do século XX. Razonou así: se o universo se está expandendo cada vez máis, resultará que comezou por un intre inicial esa expansión. A ese intre chamoulle Bing – Bang. Esquencíame dicir que Lemaitre era un sacerdote católico.

3.-Se o universo empezou cunha explosión que chamamos bing – bang, cabe preguntar: qué había antes de haber bing – bang. ¿A Nada? Da Nada sale nada. Tivo que haber algo ou Alguén que decidiu a existencia  do universo.

4.-Se o universo se está expandendo cada vez máis, cara onde vai. ¿Qué hai máis aló do confín último do universo?.

5.-Deus non é un ser limitado. O canonciño da miña intelixencia é pouca  cousa para chegar a El, en demostración como a que se fai en  matemáticas, pois esta ciencia opera con números, cantidades. Pero eu podo descubrir que existe a atmosfera porque vexo que hai aves que teñen ás para voar, é dicir, suspenderse na atmosfera e así viven.

Descubro que ten que haber xeo no polo norte porque os osos polares morren se os traemos para a calor.

Quero dicir que cada ser ten o seu hábitat no que precisa vivir e ten dereito a iso.

Pois ben. Descubro en min que son un ser correlato, que en min hai  unhas  apetencias de ser, e de ser feliz, que non se dan neste mundo.

Consecuencia.- O meu ser descúbreme a necesidade dese mundo Mellor e feliz que necesito. Ese é o meu hábitat. O ser humano necesita a Deus,coma os animais precisan o aire, o xeo, a auga para vivir. Se  viven, é  porque existen eses hábitats nos que naceron e se criaron.

6.-A Igrexa é santa e pecadora. Dío ela de si mesma. Non nos sorprenda  ver pecado na Igrexa. Todos temos algo de santos e de pecadores.

Cando  rezamos sentimos o peso do pecado e a necesidade de ser mellores, ser  santos. Sempre foi así.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?