Bo Nadal

por parroquiacarballo

Co Nacemento instalado no porche da igrexa quero facer chegar a todos a felicitación navideña. Pido a Xesús, que naceu en Belén, que bendiga a todas as familias de Carballo e das nosas parroquias coa súa Paz e Amor.
Lembro especialmente aos enfermos e a cantos están a pasar algunha situación dolorosa.
Xesús que naceu no Portal de Belén hai 2015 anos, desde hai 50 anos , que a través das miñas pecadoras mans, nace no altar, cada vez que celebro a Santa Misa.
Por iso, xuntamente coa felicitación, o sincero recoñecemento e acción de gracias  pola vosa presencia e tantas mostras de cariño  con que me acompañastes na Misa de acción de gracias,con motivo das Vodas de Ouro Sacerdotais. E tamén pola comida de homenxae con que obsequiades neste domingo día 20.
Que o Señor vos bendiga e recompense  coa súa Misericordia neste Nadal e durante todo o ano 2016 .

BO NADAL

QUE DEUS VOS BENDIGA E QUE DEUS VOLO PAGUE

resized_DSC_0669

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?