Criterios para la atención pastoral de esta UPA

por parroquiacarballo
  1. ATENCIÓN A ENFERMOS: poden chamar a calquera hora do día ou da noite. Non só non molestan, senón que agradecemos que nos avisen para visitar e levar os Sacramentos. Tamén rogamos que nos informen dos que están ingresados nos Hospitais
  2. CELEBRACIÓN CRISTIANA DO DOMINGO: Todos os domingos e festivos abrirase o templo parroquial, tocarase a campana, e no horario habitual habrá Misa ou Celebración da Palabra e distribución da Sagrada Comuñón.
  3. CATEQUESE para nenos e adolescentes, se pode ser antes da Misa. Cos catequistas e pais estudiaremos xuntar a catequesis de parroquias cercanas.
  4. CELEBRACIÓN DOS SACRAMENTOS: Bautismo, Comuñón, Confirmación e Matrimonio. Avisen o antes posible para concretar datas e a forma de preparación. Publicaremos a principio de curso calendario de encontros prebautismais, cursillos prematrimoniais, primeiras comuñóns e confirmacións…
  5. ENTERROS E FUNERAIS: Seguiremos atendendo como se viña facendo tanto nos Tanatorios como na Igrexa. Procurando facilitar ao máximo a oración e cercanía neses momentos. Facer a celebración o día que coincide sen poñer problemas e procurar asistir 2 sacerdotes se é posible.
  6. A MISA SOLEMNE NAS FESTAS DA PARROQUIA. Será ás 13,30 hs en lugar da hora habitual. Procurar ter a Novena preparatoria, e manter os costumes de piedade popular.
  7. ARQUIVO E DESPACHO PARROQUIAL: Os libros do Arquivo, de Contas, etc. quedan no Despacho Parroquial de Carballo, donde atenderemos todos os asuntos de papeleo e administración.
  8. CONSELLO E CÁRITAS PARROQUIAL: De cada Parroquia escolleranse dous representantes para o Consello Pastoral Interparroquial e constituirase Cáritas nas parroquias que non a teñen para integrarse na Cáritas Interparroquial de Bergantiños.
  9. CELEBRACION DA PALABRA: En cada Parroquia encargar a dous responsables (fregueses da mesma ou dous que se prepararon na Escola de Axentes de Pastoral) da Celebración da Palabra (o domingo que non poida haber Misa).
  10. FORMACIÓN DE SEGLARES: Continuar durante o curso A Escola De Formación de Axentes de Pastoral que se puxo en marcha no curso 2002-2003 para seguir preparando seglares para esta misión.
  11. SACRISTÁN: Valorar a responsabilidade da persona que se encarga das chaves, e mantemento do templo, de recoller as colectas…

EQUIPO SACERDOTAL

José García Gondar  (Carballo, Sisamo y Goiáns. Moderador): 699316079

Eduardo Puga  Vila (Responsable de Bértoa, Cances, Oza y Razo): 678335032

Placido Romero Lema (Carballo, Ardaña, Artes y Verdillo): 648095609

Manuel Carrero Caballero (Lema, Lemaio y Vilela): 696623920

DESPACHO PARROQUIAL.

Teléfono: 981756726

Web: www.parroquiacarballo.org

Correo: parroquiacarball@archicompostela.org

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?