EDAP + APT

por parroquiacarballo

Despois de 15 anos, nesta nova edición 2017-2018 a Parroquia de Carballo súmase á Escola Diocesana de Axentes de Pastoral, que ofrece como plan de formación un auténtico itinerario diocesano de discípulos misioneiros. Os obxectivos desta Escola son: axudar a redescubrir a vocación cristiá desde a Igrexa e para o mundo, espertar e cultivar unha profunda espiritualidade laical, axudar ao discernimento ministerial e ao compromiso laical, ofrecer unha formación básica sobre que significa ser “discípulo misioneiro” de Xesús, dar unha capacitación ministerial a quen vén exercendo un ministerio ou se sente chamado a el, en orde a recibir un recoñecemento diocesano e poder así colaborar nun ministerio concreto, formando parte do equipo pastoral dunha unidade pastoral, etc.
As sesións formativas da EDAP teñen unha periodicidade quincenal. Pero seguindo a costume destes 15 anos, reunirémonos igualmente todos os luns.
Inaugúrase o día 16 de outubro ás 20:30 hs ca presenza do Bispo auxiliar de Santiago de Compostela, mons. Jesús Fernández.
O Programa da EDAP
O Tema Pastoral (TP) corre a cargo de Sor Francisca Puga, Superiora das Fillas da Caridade de Carballo
Do Tema Kerigmático (TK) encárgase o Padre Fabio Pallota, párroco da Unidade Pastoral de Arzúa e Arca e responsable de Acollida de peregrinos.
23 de outubro:
TP: Biblia
TK: Dios sale a mi encuentro
6 de novembro
TP: Verdades de fe-Catecismo
TK: Cristo asume nuestra vida
20 de novembro
TP: Catequesis-camino de fe
TK: Cristo me invita a seguirlo
4 de decembro
TP: Iglesia diocesana
TK: Cristo se entrega por amor
18 de decembro
Retiro
8 de xaneiro
TP: Presencia social como Iglesia
TK: Jesús es mi Señor y Salvador
22 de xaneiro
TP: Pastoral familiar
TK: La promesa del Espíritu a nuestra vida
5 de febreiro
TP: Liturgia
TK: Sacramentos me ofrecen la salvación
12 de febreiro
TP: Sacramentos
TK: Sacramentos, camino de vida cristiana
19 de febreiro
TP: Oración-piedad popular
TK: El Espíritu me ofrece su fuerza
5 de marzo
TP: Oración por los pobres
TK: la Iglesia me acoge en su seno
12 de marzo
Retiro
9 de abril
TP: Opción por los pobres
TK: El Padre me espera en su casa
16 de abril
TP: Compromiso misionero
TK: María modelo de discipulado
 
Programa APT  (Aula de Pensamento Teolóxico)
Lectio divina a cargo de Jesús Bello Mato
Taller de canto a cargo de Gloria Pardines Rojo
Reflexión Teolóxica a cargo de Xosé Pumar Gándara. Comentando a “Laudato Si” do Papa Francisco sobre o coidado da casa común (ecoloxía).
30 de outubro
O que lle está pasando á Terra
13 de novembro
O evanxeo da Creación
27 de novembro
Raigaña humana da crise ecolóxica
11 de decembro
Unha ecoloxía integral
15 de xaneiro
Liñas de orientación e acción
29 de xaneiro
Educación e espiritualidade ecolóxica
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?