En Sísamo, ofrenda floral e dos froitos da Horta Solidaria

por parroquia

Desde fai varios anos esta funcionando, na Casa Rectoral de Sísamo, na que se puxo o Tellado novo e se fixeron obras de rehabilitación, unha Casa de Acollida de longa duración que se chama “Fogar Apóstolo Santiago”. É un programa de Cáritas Interparroquial de Bergantiños para persoas sin vivienda. Xa pasaron por aquí moitas persoas e agora están residindo 5.

Pero xuntamente coa Casa, comezou o Programa “Horta Solidaria”, que se encargaron de poñer en marcha  Ramón Abelenda e Carmen Rey Varela, dirixindo o traballo dos voluntarios que están facendo unha fermosa labor de limpeza do muro, e plantación de hortalizas e flores que dá gusto ver.

Con motivo da Semana cultural que O Candil organiza nos días da Novena de Nª Sª do Carmen,  hoxe  14 de xullo, na Misa, fíxose unha ofrenda floral e dos productos da horta á Virxe do Carme coas primeiras flores da Horta Solidaria. Tamén se distribuiron no  reparto de alimentos  de Caritas.  Agradecemos e felicitamos a Ramón e a Carmen, así como aos voluntarios o traballo realizado.

Domingo día 16 ás 13,30 hs terá ñugar a Misa solemne en honor de Nª Sª del Carme cantada polo Coro O Candil.

 

También te puede Interesar