Misa en honor ao patrono San Xoán Bautista

por parroquiacarballo

Este 24 de xuño de 2018, un moi caluroso domingo, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista. Ás doce e media tivo lugar a celebración da Eucaristía na que participou a Coral de Bergantiños e na que o alcalde, Evencio Ferrero, realizou a tradicional invocación ao santo.
A misa estivo presidida polo párroco, José García Gondar, e  concelebrada por Xosé Pumar Gándara.
Na homilía, García Gondar, destacou a figura de San  Xoáan Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Jesús, no Evanxeo”. Destacou tamén que a parroquia sempre ten as portas abertas,  acolledora para todos, e tivo unha mención moi especial para os máis necesitados e para os que sofren diferentes pobrezas.
Posteriormente, unha vez terminada a Eucaristía, a procesión abriuse paso entre as rúas de Carballo para completar un itinerario no que tomaron parte, nun lugar  preeminente, representantes de todos os grupos políticos municipais e outras autoridades.
Homilía completa de José García Gondar


 
Invocación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?