O arcebispo bendecirá as novas instalacións do Centro de Día “Fogar de Bergantiños”

por parroquiacarballo

Inauguración das novas instalacións do Centro de Día “Fogar de Bergantiños”, que Cáritas ten na Casa Rectoral de Verdillo.
Será presidida polo Arcebispo de Santiago de Compostela Mons. Julián Barrio Barrio o vindeiro xoves día 14 de novembro ás 17:00 horas.
PROGRAMA:
17,00: Acto de apertura e bendición do Fogar de Bergantiños (Casa Rectoral de Verdillo).
18,00: Traslado ao Adro Parroquial de Carballo para a apertura da Carpa que Caritas Interparroquial instala para a Campaña de Nadal.
Finalizaremos  coa presentación do Proxecto do novo Centro de Día para maiores que a Parroquia vai realizar  no Centro Social San Xoán Bautista.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?