Pregón 2021: “´É a festa do Nadal, o Nadal do Señor”

por parroquiacarballo

A igrexa San Xoán Bautista de Carballo acolleu como vén sendo habitual todos os anos, o último sábado antes de Noiteboa, o pregón navideño e o recital de panxoliñas, organizado por la Asociación de Pais Católicos.

Unha celebración eucarística, que congregou a moitos fieis na igrexa parroquial, presidida polo párroco de Arteixo e Caión, Andrés Trinquete González e concelebrada por José García Gondar, Jesús Antelo Quintáns e Manuel Mayo Romarís.

O pregoeiro centrou as súas palabras, con estilo poético, na fe e na ledicia coa que se ten que vivir a festa do Nadal: “Esta é a nosa festa, de xúbilo para todos… é a festa do Nadal, o Nadal do Señor”. E engadiu: “Ogallá este Neno que nace, que vén a ser salvador, nos salve a nós de nos mesmos… e nos faga abrir fiestras do corazón. Recibámolo con gozo e acollamos a súa paz”. Andrés Trinquete rematou felicitando ao párroco José García Gondar porque tal día como hoxe fai 56 anos foi ordenado sacerdote.

Nesta celebración tamén tivo lugar a bendición da Capela do Belén, que con motivo do Ano da Parroquia se instalo no templo parroquial. Unha estrela guía ata onde está un retablo en forma de portal de Belén que acolle 9 figuras de tamaño natural, e un tapiz cos pastores convida aos fregueses a adorar ao Neno Jesús. Tamén está presente a Biblia, aberta na páxina do relato do Nacemento de Jesús (Lucas 2,1-14 ), coa inscrición “A Palabra se fixo carne e habitou entre nós”( Jn 1,13).

Ao terminar a Misa houbo un recital de Panxoliñas a cargo do Coro Parroquial, Aires de Bergantiños e a Coral de Bergantiños.
O Nadal comezou de forma oficial na comunidade parroquial San Xoán Bautista de Carballo.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?