Pregón de Semana Santa en la Parroquia de Carballo

por parroquiacarballo


 

Presentación de Xesús Méndez Torrado

     A sensación que teño ao aceptar cargo tan honoroso como é ser presentador do amigo Méndez Torrado,  é a de non saber como acoller en poucas palabras a realidade dun persoeiro tan afortunado en saberes e servizos.
O primeiro que nos vén á mente a todos é ver a D. Xesús Méndez Torrado cada mes de San Xoán, aquí nas festas de Carballo. Trae a súa ben apreciada banda chamada “Eduardo Pondal” hoxe, antes  coñecida como a Banda de Corme, antes era a Banda de Suso de Basilio. Efectivamente con seu pai, Basilio, comenzou Suso Méndez, moi noviño a tocar polas romarías, Eran tempos  heroicos, de levar o xantar nunha potiña, durmir nun hórreo ou  cabazo, ir a pé ou en bicicleta.
Velaí unha vocación musical exemplar, nacida e formada en Corme. A aldea de Froxán é un semilleiro, seminario de músicos.
Na internet, teñen mellor noticia sobre Méndez Torrado.
Outro aspecto de Suso de Basilio é o de compositor para banda. Fun testigo do estreno dunha obra súa, no mes de agosto de 2.008, cando recibiu unha distinción tras a publicación da súa obra “A Música en Corme” traballo que podería ser a tese de doutoramento do autor,  que o concello de Ponteceso sentiuse moi honrado con patrocinar e o Instituto de Estudos Bergantiñáns, por unanimidade, deulle o galardón de obra premiada naquela edición do ano 2.006.
Gran artista, mestre na trompeta, no violín e no piano.  Véxase a diferencia entre instrumentos de corda e de vento. Para Suso non teñen secreto.
Compositor de música Coral. A súa obra “Galicia, Terra Meiga”, e outras, están no repertorio da Coral de Bergantiños.
Pero quizais non sexa tan coñecida a súa participación nas publicacións relixiosas que teñen o seu centro en Poio, organismo fundado e animado polo falecido sacerdote D. Jaime Vaamonde Souto, e.p.d. Nese catálogo, tras a selección rigurosa, aparecen composicións de Suso de Basilio.
Aquí, entre nós, adoita cantarse o seu “Que o Señor te acolla no seu Paraíso”, cando a despedida dun irmán difunto que sae cara o Camposanto. Que matiz, solemne, é esa cantiga de Suso, autor de música e letra.
Remato falando do seu sentimento relixioso. Cada día do 25 de S. Xoán, na procesión do Santísimo, a banda que Suso dirixe, toca “Te adoro Sagrada Hostia” Quere o director colaborar na piadosa celebración.
E remato cunha anécdota na que aparece o maxisterio de Méndez Torrado para con este pregoeiro, que xa ten esquencidas as súas mañas e coñecementos musicais.
Falamos Suso e mais eu da conveniencia e oportunidade para que o pobo cantase o “Te adoro Sagrada Hostia”. Pero eu, ignorante, díxenlle  a Suso que, estando a banda en tonalidade “brillante”, ao pobo común podería facérselle difícil cantar. Mais Suso díxome: “pero agora non sabe Ustede que todas as bandas están afinadas a diapasón normal?. Si, antes, moitas estaban en brillante (así estaba a de meu pai) e lucían máis, pero agora todas en normal”
Aprendín isto, e máis cousas do amable maxisterio de home cabal, amante da Terra, da lingua galega, e que un día, axiña, ten que figurar entre os Bergantiñáns do Ano.
Por Xosé Pumar Gándara

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?