Programa Pastoral da Unidade Parroquial de Carballo

por parroquiacarballo

ESTA É A TUA CASA. AQUÍ TES AS CHAVES. ENTRA…
Queridos carballeses:
Con estas chaves presentamos o Plan Pastoral do curso co desexo de que vos sintades acollidos nesta vosa casa da familia Parroquial que formamos a Unidade Pastoral de Carballo.
“Acoller , abrir portas e construir Igrexa” e o lema que durante os meus 53 anos de cura e os 47 en Carballo intentei levar a cabo.
Xuntamente con esta actitude ,o Plan Pastoral deste ano pretende manter e mellorar as propostas do curso anterior seguindo as pautas dos grandes obxectivos do Sínodo Diocesano e das directrices do Plan Pastoral Diocesano:

  • Seguir edificando unha Igrexa de “portas abertas”: acolledora, comunitaria, sinxela como nos lembra constantemente o Papa Francisco..
  • Actuar desde a misericordia servindo e acollendo a todos, particularmente aos mais abandonados e necesitados da sociedade. Promovendo a conciencia de que a Igrexa ha de ser unha “Igrexa Samaritana”.
  • Dedicar máis atención aos enfermos, maiores e persoas soas.
  • Intensificar a vida cristiá dos fieis que participan na vida da Igrexa, coidando especialmente aos axentes de pastoral.
  • Desenvolver unha pastoral misioneira: ao encontro das persoas (especialmente dos mozos e das familias), con novos linguaxes como o uso das TIC.

Comenzamos  o curso 2019-20 reiterando a invitación a todos:”Vinde e entrade,volvede á Igrexa que é a vosa casa.A Parroquia ten as portas abertas,donde todos poden sentirse acollidos,amados, perdoados e invitados a participar na Eucaristía”.
Queremos que a Igrexa parroquial sexa unha casa solidaria para compartir, un  oasis de silencio e oración, un Hospital de Campaña para curar as feridas da alma.Unha parroquia multixeneracional, na que queremos atender e ofrecer participación a nenos, xóvenes e maiores.
Reitero a todos a invitación :”Vinde…volvede..entrade…Volve a unha vida cristiana en familia e a recibir os Sacramentos.
A Igrexa estará  aberta durante todo o día: Vén  para orar…para participar na Eucaristía….para confesarte…para rezar a Virxe María.
Aquí tes dun xeito  esquemático (sinxelo) as propostas e calendario/axenda da Parroquia.Participa!
Pido ao Señor por intercesión da Virxe María e do noso patrono San Xoan Bautista que bendiga e recompense a todos
 

 
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?