Publicada A Xanela Nº 213

por parroquiacarballo
  • Neste Nadal acolle a Xesús no teu corazón e na túa familia

Na pousada de Belén non houbo sitio, pecháronlle as portas para acoller a Jesús e por iso tivo que nacer no pesebre. Unha das escenas que máis me conmoven no Nacemento é cando na pousada de Belén de malas maneiras péchanlle a porta a María e a José .Por iso tentei sempre ter como lema da miña vida sacerdotal “abrir portas e acoller” cun sorriso e amabilidade. Esta quere ser tamén a actitude da nosa parroquia, durante todo o ano e especialmente en Nadal. Por iso co atrio aberto, o mural de Pai que sae a buscar ao fillo “ fillo volve a casa” , a imaxe petrea da Nai da misericordia cos brazos abertos e a Igrexa parroquial aberta durante todo o día quere manifestar que as portas están abertas para entrar a rezar, participar na Eucaristía , confesarse… e están abertas para saír a testemuñar a fe e a caridade.

Neste Nadal onde vas poñer a Jesús? Ábrelle a porta, déixalle entrar e dille que se que quede na vosa familia derramando a súa Paz e Amor.

Nesta novo número de A Xanela están recollidas todas as celebracións que se van a levar a cabo neste Nadal así como un artigo de D. Xosé Pumar titulado “Nadal? Navidade?”

Feliz semana!!!

José García Gondar

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?