Pregón de Nadal 2017

por parroquiacarballo

Sábado. 16 de decembro. Parroquia San Xoán Bautista de Carballo. É o contexto no que tivo lugar o pregón de Nadal e o recital de panxoliñas nas vísperas da Noiteboa. Unha celebración eucarística, que congregou a moitos fieis na igrexa parroquial, presidida por José García Gondar.
Pronunciou o pregón de Nadal a artista Milagros Cotelo Rama. As súas primeiras palabras foron: “Cando me dixeron vir aquí dicir unhas palabriñas para dar comezo o Nadal deste ano, decidín que ía falar de discapacidade e familia. Por iso permitídeme que vos conte a historia de Alison Lapper”. Milagros Cotelo afirmou que a familia é o primeiro grupo social dos nenos e nenas e é por tanto a familia a encargada de dar valores humanos e sociais. Tamén destacou “o respeto e a liberdade como valores principais : o respeto ás crenzas, as opinións , as formas de vida dos demais”.
Unha vez rematada a Eucaristía, tivo lugar o recital de panxoliñas a cargo do Coro de Voces Brancas, Coral Polifónica de Bergantiños, Coro O Candil de Sísamo, Coro de Maiores Ribeiras do Anllóns, Pepe e Mariano de Cances, Coro Aires de Bergantiños, e por último o Coro Vagalume…
 

Galería de imaxes

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?