Publicada A Xanela Nº 436

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Esta semana A Xanela tratamos na Xanela como tema principal a Biblioteca de D. Xosé Pumar. En nome propio, e do Consello Pastoral Parroquial  quero agradecer a D. Xosé Pumar a doazón da súa Biblioteca a nosa Parroquia de Carballo. Faremos a  inauguración/bendición  da mesma e a posta en marcha da “Aula de Pensamento Xosé Pumar” o luns 16 ás 20,30 coa mesa redonda “Xosé Pumar e as Letras Galegas” na que participarán Pepe Ameixeiras,  Xosé Manuel Varela e Xosé A. Andrade. Seguidamente terá lugar a bendición da biblioteca instalada nos locais do Despacho Parroquial.

Chegou D. Xosé a Bergantiños, como Párroco de Seavia-Erbecedo en xaneiro do 1975. Dinamizou a fe, a  vida social e a cultura da comarca de  Bergantiños, e na Parroquia de Carballo: nas páxinas de Mensaje de Bergantiños, o  1º pregón das Festas de San Xoán, Pregón da Festa da Pataca e pregón das Letras Galegas no Colexio de Coristanco. Tamén o 1º pregón de Semana Santa, e pregón do Nadal en Carballo. Está de cura de  Padrón de 1987 a 1997. Despois de xubilarse, leva 25 anos incorporado  ao equipo sacerdotal de Carballo.

Na súa Biblioteca podemos encontrar libros de todo o que el sabe (tal como indica na páx 2 desta Xanela). Tamén os seus libros “Pensamento teolóxico de Pumar Cornes”, ”Viaxe polo corazón de Bergantiños”, ”Historia manuscrita de Seavia”… Magoa que as  carpetas coas súas poesías, reflexións, e apuntes persoais aínda non as podemos consultar….

En nome de toda a Parroquia, reitero: Parabéns D. Xosé. Grazas pola túa vida, polo teu exemplo e pola túa xenerosidade. Que Deus che siga conservando así de ben.

Feliz Semana!!!

José García Gondar

A_Xanela semanal_436

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?