Queridos lectores de A Xanela
Xa está a porta á festa de San Xoán. Este ano, despois da pandemia, queremos celebralo con especial sentimento e solemnidade, dando gracias pola saúde superada a pandemia, na familia, con festa nas rúas, e nas Misas da festa neste Ano da Parroquia con motivo dos 50 anos do meu servizo pastoral como Cura de Carballo.
Por iso vos invito a participar na:
NOVENA PREPARATORIA. Do 15 o 23 ás 20,00 hs. ante o Santísimo Sacramento pediremos por toda a parroquia segundo programa adxunto.
MISA DAS FESTAS. Ás 12,30 hs. Misa e Procesión
Venres 24: Día de San Xoán: O alcalde presentará a invocación ao patrono en nome de todos os carballeses
Sábado 25: Festa grande do Santísimo Sacramento. Coa Procesión solemne polas rúas, con parada e bendición desde os altares das rúas Gran Vía, Cervantes e A Braña
Domingo 26: Festa de Nª Sª do Carme. Con Misa e Procesión
Luns 27 e martes 28, ás 20,30 hs celebraremos a Misa ao Perpetuo Socorro e a San Xudas Tadeo.
Participemos con devoción e fraternidade.
Como compromiso destas festas do Ano da Parroquia reitero a invitación mostrar o noso amor ao Santísimo Sacramento, buscando un momento para visitar a Xesús Sacramentado (a igrexa está aberta durante todo o día) e participando na ADORACIÓN EUCARISTICA (todos os xoves está exposto o Santísimo durante todo o día)
O meu agradecemento aos funcionistas, Coral de Bergantiños e a todos os que colaborades nas festas e na vida da parroquia. Que O Señor vos bendiga e recompense.
Publicamos neste número a primeira parte do artigo de Xosé Pumar “Onomástica Xacobea”, así como unha reflexión sobre a canonización de Ignacio Echeverría.
Finalmente recollemos todos os avisos para a semana: festa de San Antonio, clausura do curso 2021/22 así como a entrega de Diplomas dos cursos formativos de Inclusión Social, novena das festas patronais.
Feliz semana
José García Gondar