Publicada A Xanela Nº 443

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela

Rematamos o mes de San Xoán no que celebramos con especial devoción e solemnidade as festas patronais, e reitero o agradecemento a todos os que participaron e colaboraron nas celebracións

Iniciamos o mes de xullo, mes de festas nas parroquias da Unidade Pastoral e de clausura do II Ano da Parroquia. Dita clausura estaba prevista para o día 7 de agosto, pero por coincidir coa Peregrinación Europea de Mozos (PEJ) adiantase para o 29 de xullo coa misa de acción de grazas, ás 20,30 horas.

Inaugurou este II Ano da Parroquia o Sr. Arcebispo o 1 de agosto de 2.021 coa emotiva celebración da Eucaristía e bendición do reloxo e a figura de San Xoán Bautista na fachada da Igrexa A finalidade e principal obxectivo deste Ano da Parroquia é dar grazas ao Señor por todo o vivido durante estes 50 Anos. Con esta lembranza convidamos: a renovar a vida cristiá das familias na postpandemia, e, de xeito especial, a cantos durante estes 50 Anos recibiron os Sacramentos: (Bautismo, Primeira Comuñón, Confirmación e Matrimonio). Dicindo a todos: “vinde, volvede á Igrexa, entrade. A Parroquia ten as portas abertas para que todos vos sintades acollidos, perdoados e invitados a participar na Eucaristía e recibir os Sacramentos”.

Nestes doce meses, ademais de lembrar e agradecer o vivido durante 50 Anos, seguimos, e seguiremos sempre, facendo realidade o noso lema: “CINCUENTA ANOS ABRINDO PORTAS, ACOLLENDO E CONSTRUINDO IGREXA”.

Publicamos neste número un novo artigo de Xosé Pumar titulado “Onomástica Xacobea, así como un artigo de José Ramón Amor Pan sobre como ser cristián estase convertindo nun asunto de risco.

Finalmente recollemos todas as festas que se van celebrar as parroquias da Unidade Pastoral.

Feliz semana

José García Gondar

A_Xanela semanal_443

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?