Onomástica Xacobea III

por parroquiacarballo

BOANERGES.Una palabra aramea que significa Fillos do trono”, atronadores. Este foi o calificativo que Xesús Noso Señor deu os irmáns Santiago e Xoán, apóstolos, fillos do Zebedeo e María Salomé. (Vide Marcos III, 17).

Querían os dous irmáns que baixase lume do ceo para arra- sar unhas cidades palestinas que non acolleran ó grupo de Xesús cos seus discípulos. Tan indignados se sentiron. Pero Xesús correxiunos. Con razón levaban ese nome fillos do trono”, pola súa espontánea violencia (Vide Lucas IX, 51).

En América, cando trona, invocan a Santiago, fillo do trono”, como nós, aquí, a Sta Bárbara. Anotemos que o apóstolo Santiago está moi introducido en feitos e narracións da cultura americana, tras a colonización.

Coido que Santiago, que era o maior dos irmáns, era, si, home de xenio e decisión. Quizais por iso era tan decisiva a súa presencia e labor na primeira igrexa de Xerusalem. Por iso, polo que estorbaba ós xudeos, foi o primeiro
apóstolo en ser martirizado.

Pero Xoán, aparece no Evanxelio como un home doce, amable, místico. Por iso recibiu o encargo de coidar de Nosa señora, a Nai de Xesús.

Polo tanto, se Xoán foi algún tempo home de xenio, moito demudou tras a conversión de Xesús. Iso trocou totalmente a súa personalidade. Hai outros ditos e frases que fan referencia á fama de Santiago. Así: Sanctiago vitam”. Parece unha alusión a Santiago, pero non. A traducción é Fago vida de santo”.

Santiago, y cierra, España”. Unha frase para arengar ós soldados cristiáns na loita contra o Islam nas Navas de Tolosa. Invócase ó Apóstolo e anímase a que as tropas nosas ataquen.Velaí unha acepción de Cerrar hoxe case perdida. Cerrar”, nese caso, significa poñerse en orden de batalla. Outras palabras estimulantes eran as latinas: Ultra cia!”, “Esus cia!”. Equi-
valentes a : Mais aló, xa”, “Arriba xa”.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?