“A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia”

por parroquiacarballo

Velaquíunha obra máis de Fernando Cabeza Quiles sobre toponimia galega. Leva moitos anos estudando e escribindo sobre esa especialidade. Así que Fernando Cabeza, como ben sabido é, tamén publica textos moi imaxinativos sobre temarios costumbristas. Na portada do estudo sobre toponimia celta vin un resumo das obras máis coñecidas deste autor bergantiñán. Aquí entre nós vive e traballos seus sobre esta terra aparecen nos folletos que o Instituto de E. E. Bergantiñáns dedica ás parroquias de por acó. Mencionemos grandes obras dedicadas a toponimia de terras vencelladas ó noso Autor, como con Toponimia de Carballo, Toponimia de Ribeira, Toponimia da Estrada. Galicia toda é campo de estudo, desde hai moitos anos, para Cabeza Quiles en múltiples revistas.

Agora enfréntase ó capítulo máis difícil e menos estudado da toponimia: a dos celtas. Descubrimos levados da man de Fernando que o home primitivo creou uns conceptos primíxenios, xerminais, vista a natureza que o rodeaba. Así: auga, ríos, montes,vales, rochedos… Consecuentemente, tamén uns grupos consonánticos iniciais, constantes, que van pasando ás linguas sucesoras.

Na fala céltica temos unas radicais ou desinencias moi repetidas: nemet, – brija, – bre…

Ademais do traballo feito manexando dicionarios e referencias en linguas actuáis, Fernando Cabeza ten a particularidade de querer comprobar a correspondencia entre o significado dun topónimo e a paraxe aludida. Así preséntase el, viaxa, fai un labor de campo que satisfai tanto ó noso Autor como os lectores. Isto crea vocacións. Así, por obra do celo comprobador de Fernando Cabeza, xurden tantos autores novos que fan os seus primeiros estudos sobre toponimia das súas terras.

A toponimia é o tesouro que garda as claves da nosa historia, dos nosos costumes, da realidade física, quizais hoxe transformada, deteriorada polos medios de construción.

Moi boa impresión. Non advertimos errata algunha.. Un libro desta materia necesita unha tipografía moi variada para reflexar o que son afirmacións claras, hipótesis.

Vai organizado por capítulos. Cada un colle, acolle unha familia de topónimos que mutuamente axudan a esclarecerse. Leva ó final un índice alfabético que resulta moi doado para atopar un determinado nome que nos interese.

Amplia e actualizada bibliografía. Botamos de menos a Amor Ruibal cos tomos da súa obra “Problemas F. de la filología comparada”,xuntamente

reeditada pola Xunta de Galicia.

A edición de topónimos dos celtas é de Espiral Maior, na Colección Baldaio, que dirixe Miguel A. Fernán Vello. Carballo

 

También te puede Interesar