León XIV

por parroquiacarballo

Pode parecernos extraño este nome, pero grandes papas foi o que preferiron. O último deles, León XIII que iniciou a doutrina social da Igrexa en tempos nos que os países foron industrializándose e aparecían conflictos nas empresas. Finou aquel papa no 1.903.

Podemos pensar que o nome León fai referencia ó coñecido rei da selva. Algo así nos pode pasar co topónimo da cidade de León. Este nome deriva da presencia que alí tivo unha lexión de soldados romanos. Non é nome de animal.

Volvendo o nome papal León. Qué intenta significar? No libro da Xénexis, cap. 49, aparece o patriarca Xacob bendicindo ós seus fillos. Nos versos 8-10 bendice a Xudá. Dille que é coma un león valente, terá o cetro ata que chegue aquel a quen han de rendir homenaxe os pobos (vai prefigurado aquí o Mesías que esperaba o pobo de Israel, é dicir, Xesús de Nazaret). Efectivamente, a tribu de Xudá foi a que acaparou meirande territorio, alí estaba a capital Xerusalem, alí foi crucificado o Señor. Decir “xudeo” era aludir a todos os palestinos, anque non fosen naturais de Xudea.

No libro do Apocalipse, co seu estilo profético, no cap. V verso 5, fálanos do león da tribu de Xudá, que será capaz de abrir o libro pechado con sete selos. Fai referencia a Cristo, descendente de David, o Año de Deus resucitado.

En consecuencia temos que estes dous textos bíblicos, fan referencia a Cristo, como vencedor da norte pola súa victoria na Resurrección.

Polo tanto o nome papal de León expresa o sentimento do elexido para tal servizo que ten o firme propósito de seguir a misión de Cristo, fundador da Igrexa, a pesar das dificultades.

De forma semellante podemos analizar outro nome papal moi frecuente: o de Gregorio. Que quere dicir?

En latín, gresc/ gregis significa grei, rabaño. Polo tanto un papa Gregorio síntese pastor da grei do Señor, que é a Igrexa.

 

También te puede Interesar