Camiño Xacobeo

por parroquiacarballo

“Se vas polas Praterías rezar na Corticela, tomarás auga bendita nos cabalinos de pedra”.

Era unha cántiga que a agrupación Cántigas e Agarimos tiña referíndose á célebre capela da Catedral. Moi valorada en Santiago esa coral dirixida por Rosendo Mato, con membros tan famosos polo canto e polo baile como Crisanto Sanmartín.

Hoxe para entrar na Catedral hai que estar horas agardando, formando quendas, con medidas de seguridade. A tanto chegou o turismo e a peregrinaxe a Compostela que xa xurden queixas. Así pasa tamén en Mallorca, Barcelona, Venecia… e están en estudo medidas que compensen os gastos que tanta poboación causa no consumo de auga, luz, carestía da vivenda, pintadas …

Pero a Igrexa quere manter, defender a esencia da peregrinación, como tempo de reflexión, esforzo, volta á vida cristiá pola mediación do Apóstolo.

Hai unha oficina para axudar ós peregrinos, non so para recoller o certificado da Compostela, senón para meditar, pensar se Deus chamará a unha vocación relixiosa particular, sacerdotal. Necesítase, pois, discernimento, oración, silencio.

Porque a visita a Compostela non pode quedar en mercar recordos (medallas, botafumeiros …); ou entrar cantando pola Rúa de S. Pedro molestando á veciñanza, que tantas queixas levanta.

O final do Camiño é a Catedral, coa oración, visita, confesión… Iso é gañar o Xubileo. Outros apéndices ou alargamento do Camiño non pertencen á peregrinación estrictamente xacobea.

 

También te puede Interesar