Padrón ofrécese para ser visitado pois conta coa tradición da chegada da barca que traía os Restos do Apóstolo.
Esa nave atracou na beira do Sar e quedou amarrada ó pedrón, que é unha ara romana venerada baixo o altar maior da igrexa parroquial. Ten unha inscrición que se interpreta como dedicada ó dios Neptuno polos mariñeiros da vella cidade de Iria (Tamén hai algunha ocorrente interpretación que non merece maior consideración).
Pois ben, os padroneses teñen un tradicional reclamo para que alí acudan os peregrinos. Din:”Quen vai a Santiago e non vai a Padrón, ou fará romaría ou non”: Ademais da rima na breve frase, fixémonos na forma dubitativa da expresión. Moi galega, que deixa ó peregrino en suspense para que decida aproveitar e acabe visitando Padrón. A vila que din “é o berce do xacobeo”.
Tamén podemos oir ós padroneses aquilo de que Padrón é unha cidade, mentres que Santiago é unha aldea que medrou moito nos últimos mil anos.
Certamente, Iria Flavia é cidade con dereito romano favorecida polos emperadores Flavios. Foi un gran porto, centro de vías romanas, gran extensión.
Este amor dos padroneses á súa vila tamén se manifesta cando reclaman a volta ó camposanto de Iria, dos restos de Rosalía Castro, hoxe en Santiago por traslado poucos anos despois da súa morte.
Esta amistosa, fraternal, rivalidade entre Santiago e Padrón, aparece recollida nun poema recente, tamén musicado pero que pouco se canta na vila xacobea. Di así:
“Padrón es camino para el peregrino que a
Santiago Va. Compostela es destino, pero
mucho antes ya, el Apóstol aquí vino, aquí
evangelizó. Con sus Restos mortales la nave
aquí arribó. Por ello es Padrón final para
el romero que con gran devoción acude a este
venero que es el santo Pedrón. Acude
a este venero que es nuestro Padrón”
