Publicada A Xanela Nº 445-446

por parroquiacarballo

Queridos lectores de A Xanela.

Este é un número moi especial, xa que é un monográfico sobre a Clausura do Ano da Parroquia. Estamos celebrando este ano, con motivo dos 50 anos do meu servizo pastoral e dos 25 anos de D. Xosé Pumar á Parroquia de Carballo, co lema “50 anos abrindo portas, acollendo e construindo Igrexa”. Sentiríame feliz de contar coa túa presencia nesta celebración para xuntos dar gracias por todo o que neste medio século levamos vivido, feito e sufrido xuntos. O venres día 29 deste mes de xullo, ás 20,30 hs. faremos a Clausura do Ano da Parroquia, que inaugurou o Sr. Arcebispo o pasado 1 de agosto.

Por iso, INVITÁMOSVOS de corazón a que nos acompañedes O VENRES DÍA 29 DE XULLO ÁS 20,30 hs. NA MISA DE ACCION DE GRACIAS NA IGREXA PARROQUIAL  DE SAN XOAN BAUTISTA DE CARBALLO.

Publicamos neste número todos os actos e celebracións dos próximos días: Misas por todas as familias e por cantos durante estes anos despedimos cristianamente, recital musical de Loli Platas, presentación do Libro “Guía da Vida Cristiana”, Exposición do Santísimo, etc.

Feliz semana!!!

José García Gondar

Xanela_Nº 445-446

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?