Queridos lectores de A Xanela,
Este ano o día da festa bendicimos e ofrendamos á Virxe a Fonte da Milagrosa, obra do escultor Anxo Cousillas (fixo tamén a imaxe de Nª Sª do Camposanto). Non é unha fonte calquera, é a Fonte da Milagrosa de Carballo, que queda aí como unha catequese permanente, un resumen da nosa Fe, de que María é a Medianeira de todas as gracias… Fixádevos:
- Cruceiro: Cristo, fillo de Deus, nacido da Virxe María, Crucificado… do seu corazón aberto brota a sangue (gracia) que entrega á Igrexa…
- Imaxe Milagrosa: Alí estaba María, Corredentora, Medianeira de todas as gracias…
- Pía con 7 caños: Símbolo da Igrexa, que recibe a gracia de Deus, e a través do 7 caños (Sacramentos) nos fai chegar a gracia de Deus, o seu amor, a súa misericordia… e para que a Igrexa (Parroquia) nolos vaia administrando nos momentos importantes da nosa vida. Por iso vos invito a dar gracias polo Bautismo e demais Sacramentos recibidos e renovar a nosa fe
- Carballo: Sobre un tronco de Carballo. A este pobo, a esta parroquia que sigamos transmitindo e vivindo a fe e vida cristiá.
- Olivos: Símbolo da PAZ… e lembranza de Getsemaní, do Horto dos Olivos… Para que tamén nos momentos de “agonía” e angustia digamos “Señor si es posible pase de mi este cáliz…”
- Mural: E coroando todo o Mural coa imaxe da Milagrosa: No seu regazo de Nai poñemos os enfermos as familias, a todo Carballo.
Publicamos neste número un artigo de Xosé Pumar titulado “María, fuente de vida”, así como os agradecementos a todas as persoas que fixeron posible a Novena e Festa da Virxe Milagrosa, os horarios de celebracións na Capela, as indulxencias, etc.
Feliz semana
José García Gondar