Queridos lectores de A Xanela,
O Xoves 29, na Reunión do Consello Pastoral Interparroquial faremos a presentación do Programa Pastoral Parroquial para este curso co lema: “ANO DA CARIDADE. PRACTICA AS OBRAS DE MISERICORDIA” e con pautas concretas para o seu cumprimento. Queremos que a nosa Parroquia sexa unha Parroquia acolledora, samaritana e misericordiosa.
Por iso para este Curso, despois do Ano da Parroquia, propoñemos: Seguir medrando como Igrexa na dimensión caritativa e social da fe e practicar as Obras de Misericordia.
Durante esta semana AFABER convidounos a participar en diversos actos para celebrar o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo, este domingo 25 de setembro, a Misa de 12,30 será en recordo dos enfermos de alzheimer e as súas familias. Felicitamos a AFABER polo seu laudable labor. Por este motivo, publicamos neste número un artigo de Xosé Pumar titulado “Afaber”.
Recollemos tamén todas os avisos para a semana: o luns 26, reunión xeral de todos os catequistas. O xoves día 29 hs Reunión Plenaria do Consello Pastoral parroquial para presentar o Programa Pastoral do curso 2022/23. Felicitamos tamén ás Fillas da Caridade que esta semana están de festa e agradecemos a súa presenza e testemuño de caridade entre nós.
Finalmente invitamos a todas as familias a que inscriban aos seus fillos na catequesis. Comezaremos o próximo fin de semana oss venres ás 18,15 hs., os sábados ás 19,00 hs , e os domingos ás 11,30 hs. En San Cristovo, os domingos ás 10,30 hs.
Feliz semana