Chegados a este derradeiro domingo de septembro sentimos a chamada de Afaber, que nos fai presente unha enfermidade que despersonaliza a aquel home ou muller que se vexa afectado.
Todos somos, tristemente, candidatos a padecer o alzhƩimer, ou a ter familiares, veciƱos, con ese mal, tantas veces progresivo.
En Carballo hai unha directiva presidida por Xesús Villar que se desvive por atender ós enfermos de Carballo e arredores. Os medios de que dispoñen, os locais para acoller a cantos queren ingresar, son insuficientes. As xestións por mellorar son constantes, pero as dificultades son crecentes.
A experiencia que teƱo orixinada polas miƱas relacións con Afaber permĆteme afirmar que os alĆ acollidos son tratados con todo humanismo, respecto, cariƱo. MĆ”is ca profesionais, son almas xenerosas as coidadoras. Os enfermos levan inscritos no seu corazón, de por vida, os nomes das enfermeiras. Estas, pola sĆŗa parte, sĆntense como familiares dos enfermos, saben das sĆŗas peculiaridades, manĆas, sentimentos relixiosos, amor pola natureza. Bótanos de menos cando por unha ou outra razón os enfermos non poden asistir Ć”s clases ou horas de recuperación. E se chega a separación que impón o falecemento, a tristura, a emoción, invade o corazón de cantos son o equipo directivo e terapĆ©utico de Afaber en Carballo. Se as circunstancias o permiten, Afaber faise presente na dolorosa hora do pasamento dos enfermos. E as familias quedan para sempre agradecidas ós que fundaron e manteƱen Afaber en Carballo.
Honor e gloria para tanto ben que Afaber fai entre nós.
