Publicada A Xanela Números 238-239

por parroquiacarballo

Un ano máis chega a Festa de San Xoán Bautista, Patrono de Carballo. Son días para a ledicia, a convivencia fraterna, para xuntarse a familia, lembrar os que nos precederon, e compartir cos que o pasan mal. Tamén para renovar a nosa vida cristiá. Por iso, vos invitamos a todos os carballeses a participar nos actos relixiosos das Festas, e de xeito especial, na Misa e Procesión do Santísimo Sacramento o luns día 25. Pedimos ao Señor, por intercesión da Virxe María, e do noso Patrón San Xoán Bautista que bendiga a todos.

Tamén podemos ler neste número de A Xanela un artigo de Xosé Pumar titulado “As festas de San Xoán”, así como todo o programa relixioso das Festas patronais

FELICES FESTAS A TODOS OS CARBALLESES E AMIGOS QUE NOS VISITAN

José García Gondar

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?