Grazas e noraboa!

por parroquiacarballo

Ao clausurar este curso 2017/2018 o mais sincero agradecemento:
A Deus Noso Señor por darnos vida, ilusión e ánimo un ano máis
Ás entidades e institucións que nos apoiaron: á Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Inclusión Social, ao Concello de Carballo, á Deputación Provincial, a Caritas Diocesana, ao Banco de Alimentos, ás  empresas colaboradoras:  Conservas Calvo,  panaderías Roiser e Forno Novo, Restaurante Pastoriza, Banco de Santander….
De xeito especial os monitores dos cursos, catequistas, voluntarios de Caritas e colaboradores das diversas actividades que fixeron posible todo o realizado neste curso.
GRAZAS E QUE DEUS VOLO PAGUE
Este ano o Consello Parroquial acordou manifestar o recoñecemento e entregar a Medalla da Parroquia:

  • Ao sacerdote D. Xosé Pumar Gándara, con 87 anos, que desde a sua xubilación esta adicado plenamente ao servizo da  parroquia sendo para todos  un exemplo de entrega e xenerosa dispoñiblidade.
  • A Dolores Queijo Pallas, como capitana e coordinadora do  equipo de veciños e devotos da Milagrosa que desde fai mas de 30 anos veñen facendo o meritorio e sacrificado traballo das alfombras florais  da Milagrosa. Unha  obra de arte, de unión e de traballo ben feito que o barrio e Carballo enteiro ofrenda como homenaxe á Nai e Raiña a Virxe Milagrosa.
  • A José Buño Suarez, que desde a sua mocidade ven dirixindo e animando o Coro Parroquial que fai que a Misa da Parroquia sexa realmente una festa.Noraboa aos 95 alumnos que recibiros os diplomas dos cursos de corte e confección-maquinista industrial, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, axudante de cociña profesional e axudante de repostería profesional.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?