Se a Candelaria chora, o inverno fóra

por parroquiacarballo

E en lugares de Europa coma Alemaña o que festexan é o día do ourizo. Aquí en Galicia vivímola doutro xeito, relaccionando a meteroloxía con este día da Candelaria.

«Se xea o día das candeas, trinta días de quedan».

«Eu sempre lles teño escoitado aos meus pais: «Se a Candelaria ri, o inverno aínda está por vir. Se a Candelaria chora, xa vai o inverno fóra», di unha muller maior.

«Se o día da Candelaria chove o inverno xa o temos fóra… Din», comenta unha señora.

«Se a Candelaria chora, o inverno vai fóra. Se a Candelaria ri, o inverno vai vir», refranea outra muller.

«Mira coma ti si que sabes disto», comenta un home.

«En realidade todas as tradicións e refraneiros galegos están moi relaccionados coa realidade, por iso se di que acertan. E é que a meteroloxía é periódica, cíclica. Este ano temos un certo anticiclón, por iso xea e se prolonga o inverno. Se chove, en Galicia faría menos frío…», comenta Noelia Rodríguez, de O Tempo Tvg.

A resposta, para moitos no ceo, ou nos ceos.

«Todo costume ou tradición vén de algo. Na orixe relioxa o 2 de frebreiro é o día da Candelaria. Porque nesta xornada se fan 40 días dende que presentaron ao Neno Xesús no Tempo, Xesús e María, para bendecilo, coincidindo coa data da Purificación da Virxe», comenta o párroco de Carballo, Xosé Manuel García Gondar.

«Por iso na actualidade na Candelaria se traen bendicir á Igrexa, na tradición católica, os nenos, especialmente os nados no último ano», explica unha freguesa.

«Pasou a xornada a coñecerse pola da Candelaria, polo das candeas e a luz purificadora. En parte, porque ancián Simón, que xa non vía dixo como malia cego podía ver a luz… De aí as tradicións da Candelaria

A tradición relixosa e tradición das procesión con candeas celebradas xa na Roma Antiga nas festas Lupercais, cos séculos, deron en confluír na festivadade da Candelaria.

«Amais é que á data na que florecen as mimosas e na que se di que casan os paxariños», refranea o 50 anos como párrogo e os últimos 43 en Carballo, Xosé Manuel García Gondar.

 

candelaria

 

También te puede Interesar