Vodas de Ouro Sacerdotais de D. José García Gondar

por parroquiacarballo

O pasado 18 de decembro cumpríronse 50 anos da Ordenación Sacerdotal de D. José García Gondar, que o Cardenal D. Fernando Quiroga lle conferiu o 18 de decembro de 1965, na Capela do Seminario de Belvís. Con este motivo, García Gondar quixo celebrar a Misa de Acción de Gracias e renovar as promesas sacerdotais.
Nun primeiro momento, ás 18:00 hs, D. José celebrou unha Misa cos nenos do Catecismo, aos que lles explicou como naceu a súa vocación e como viviu estes 50 anos de sacerdocio. Ao rematar a Eucaristía invitou a todos os nenos a un chocolate con churros.
Posteriormente, ás 20:00 hs, un gran número de sacerdotes, fregueses e amigos quixeron acompañar a García Gondar nunha celebración moi especial e moi emotiva para todos os presentes, como se pode comprobar no audio da homilía:
 

 
A continuación publicamos un album fotográfico, con 200 imaxes, para o recordo:
 
[ot-gallery url=”https://parroquiacarballo.org/gallery/vodas-de-ouro-sacerdotais-de-d-jose-garcia-gondar/”]
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?