2020, un San Xoán especial

por parroquiacarballo

Este 24 de xuño de 2020, festivo autonómico e local, permitiu aos veciños de Carballo celebrar as festas patronais en honra a San Xoán Bautista dunha forma diferente. Ás doce e media, con representanción de todos os grupos políticos municipais, outras autoridades e fregueses da Parroquia, tivo lugar a celebración da Eucaristía sen festeiros invitados, pero gardando as distancias e coas mascarillas.

A misa estivo presidida por José García Gondar e concelebrada por Ricardo Gondar e por Xosé Pumar. Na homilía, García Gondar, destacou a figura de San  Xoán Bautista: “El foi o máis grande dos nados de muller antes da chegada de Cristo, en palabras do mesmo Xesús, no Evanxeo”.

Posteriormente, escoitouse a tradicional invocación ao Santo Patrón que o alcalde, Evencio Ferrero, realizou por décimoquinta vez consecutiva. No día de hoxe non se realizou a tradicional procesión entre as rúas de Carballo.

 

Homilía completa de José García Gondar

 

Invocación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?