A Academia Galega de Belas Artes entrégalle a Medalla de Prata á Coral Polifónica de Bergantiños

por parroquiacarballo

O próximo sábado día 16,as 20,30 hs no Salón de Actos da Parroquia de Carballo a REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES celebrará unha sesión extraordinaria pública para facer entrega da Medalla de Prata  a “Coral Polifónica de Bergantiños” e premio persoal a constancia musical a membros da mesma.
Programa:
Apertura do Acto a cargo do Presidente da Academia D. Manuel Quintana Martelo
Lectura de actas polo secretario D. Felipe-Senén López Gómez
Intervención de D. Maximino Zumalave Caneda, académico numerario da sección de Música
Entrega do Premio “Marcial del Adalid”, imposición da Medalla de Prata no estandarte da Coral Polifónica de Bergantiños e entrega de Diploma a presidenta da Coral.
Entrega dos premios aos coralistas: Pilar Fernandez Muiño, Dolores Lorenzo Andrade, Carmen Mira Pose e Andrés Rodriguez Serrano.
Rematará cun concerto da Coral.
A Coral Polifónica de Bergantiños naceu en Carballo no ano 1969, ao amparo do antigo ‘teleclub’, baixo a dirección de  D. Jaime Rodríguez Valcárcel. Ao pouco tempo toma a dirección D. Manuel Rodríguez Rodríguez, con quen a coral crece en formación musical e tamén en número de compoñentes, e inicia unha etapa de auténtica expansión e longa andaina. No ano 2007 créase o coro de voces brancas, ilusionante iniciativa xurdida dunha colaboración coa parroquia de San Xoán Bautista.
A Coral Polifónica de Bergantiños, presidida por María Dolores Rodríguez Fraga e  dirixida  por Gloria de los Ángeles Pardines
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?