Queridos devotos, confrades e funcionistas, cando peregrinamos á Terra Santa, tiven a emoción de celebrar a Santa Misa en Nazaret na Basílica da Anunciación, e alí rezar o Angelus na casiña da virxe, no lugar onde o Arcanxo Gabriel saudou á virxe «Ave María chea de gracia e lle anunciou que concibiría un fillo, Xesús, o Mesías redentor revelado polos profetas, o fillo de Deus.
Nesta casa de Nazaret tamén viviu a Sagrada Familia ao seu regreso de Exipto, e onde Xesús pasou 30 dos seus 33 anos xunto a Virxe e San Xosé.
Sen dúbida que esta casiña de Nazaret era coidada con todo o mimo por María, e Xosé ía facendo obras de mellora e mantemento constantemente.
Imaxino que tería un pequeno patio e un fermoso xardín, onde…
Esta capela da Milagrosa é tamén a casiña da Virxe como era a de Nazaret. É a casiña da Virxe Milagrosa, que está aberta durante todo o día, e onde María nai nos acolle e bendice, e podemos visitala e acurrucarnos (poñernos) no seu colo (regazo maternal). Don Ramón e doña Basilisa construírona, e con devoción e gratitude conservámola, e durante os últimos anos fixemos obras de mellora e mantemento (acondicionamento), e con cariño de fillos (con mimo) está limpa, coidada e adornada.
Ao longo destes anos temos ofrecido á virxe como mostra de cariño e devoción a celebración do ano xubilar mariano coa coroación canónica da imaxe; a casa de acollida Fogar doña Basilisa; as vidreiras da capela; o Cruceiro; o mural; a fonte da Milagrosa, ou o horto dos olivos. Este ano abrimos o patio interior para que alí poidamos rezar o rosario/vía crucis , mirar para a imaxe do mural e dicirlle: «Nai Milagrosa bendice ás nosas familias e enfermos».
Ela repítenos as palabras de Xesús: «Venid a mí cuando estáis cansados y agobiados». «Aquí tes o meu colo de nai…».
O día da Milagrosa bendiciremos o viacrucis e queda pendente para o próximo ano a imaxe de Xesucristo resucitado.
Vivamos con especial devoción a novena e a Festa da Milagrosa, e animade aos vosos.
*Hoxe arrinca a novena, que se estenderá ata o 1 de setembro, con misas ás 8.30 e 19.00 horas.
José García Gondar
