Queridos devotos, confrades e funcionistas:
Cando peregrinamos a Terra Santa tiven a emoción de celebrar a Santa Misa en Nazaret na Basilica da Anunciación e alí rezar o Angelus na Casiña da Virxe, no lugar onde o Árcanxo Gabriel saudou a Virxe “Ave María chea de gracia” e lle anunciou que concebiría un FILLO, Xesús, o Mesías redentor revelado polos profetas, o Fillo de Deus. Nesta casa de Nazaret tamén viviu a Sagrada Familia ao seu regreso de Exipto e onde Xesús pasou 30 dos seus 33 anos xunto a Virxe e San Xosé.
Sen dubida que esta casiña de Nazaret era coidada con todo o mimo por María e Xosé ia facendo obras de mellora e mantemento constantemente.
Imaxino que tería un pequeno patio e un fermoso xardín…
Esta Capela da Milagrosa é tamén a casiña da Virxe como era a de Nazaret. É a casiña da Virxe Milagrosa . que está aberta durante todo o día, e onde María Nai nos acolle, nos bendice , e podemos visitala e poñernos no seu regazo maternal.
D. Ramón e Dª Basilisa construírona, e con devoción e gratitude conservámola, e durante os últimos anos fixemos obras de mellora e mantemento, e con cariño de fillos está limpa, coidada e adornada.
Ao longo destes Anos temos ofrecido a Virxe, como mostra de cariño e devoción:
– Celebración do Ano Xubilar Mariano coa coroación canónica da imaxe
– A Casa de acollida Fogar Dona Basilisa
– As Vidreiras da Capela
– O Cruceiro
– O Mural
– A Fonte da Milagrosa
– O Horto dos Olivos
Este ano abrimos o Patio interior para que alí poidamos rezar o Rosario/Via Crucis , mirar para a imaxe do Mural e dicirlle “Nai Milagrosa bendice as nosas familias e enfermos”.
Ela repítenos as palabras de Xesús, “Venid a mi cuando estais cansados y agobiados” “aquí tés o meu colo de Nai..”
O día da Milagrosa bendiciremos o Via Crucis e queda pendente para o próximo ano a imaxe de Cristo Resucitado .
Vivamos con especial devoción a Novena e a Festa da Milagrosa, e animade aos vosos.
José García Gondar