Bendición da imaxe "Nosa Señora do Camposanto"

por parroquiacarballo

O sábado 15 de xuño, coicidindo co comezo da Novena para as Festas Patronais, tivo lugar no cemiterio a  bendición da imaxe “Nosa Señora do Camposanto” e unha Misa por todos os defuntos da parroquia celebrada por José García Gondar.
Unha escultura, réplica da Piedade que o Concello mandou  colocar no cemiterio municipal de Carballo. Fixo a obra o escultor cabanés Anxo Cousillas Bermúdez.
Despois da celebración eucarística, Cousillas afirmou que esta peza sempre lle impactou moito, e quixo agradecerlle ao Concello de Carballo por darlle a oportunidade de facela.
Pola súa parte Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, sinalou que despois da caída do antigo cruceiro fai dous anos, o concello sentiuse na obriga de repoñer o dano causado polo temporal, mellorando o xa existente, xa que o cemiterio debe ser un lugar digno, coidado e respectado. Ferrereo felicitou ao escultor e destacou a colaboración en todo momento ca parroquia de Carballo.
Finalmente, García Gondar recoñeceu a Anxo Cousillas a delicadeza realizada na súa obra e agradeceu ao concello de Carballo o bo coidado do cemiterio, así como as xestións realizadas para a que a fermosa imaxe da Piedade colocada no centro do cemiterio sexa xa unha realidade.
 

 

Nosa Señora do Camposanto

Témoste visto no Calvario
cando o Vía Crucis rezamos
da túa pena con Xesús no colo
aprendemos e meditamos

Mais agora cabo de nós
no Camposanto preto estás
moito consolo ti nos dás
preto dos difuntos de Carballo

Onda ti aquí os deixamos
no teu regazo han descansar
así quedamos consolados
ti, con Xesús, halos glorificar

Cando os que vivos estamos
aquí nos veñan sepultar
nas túas mans moramos
por toda a eternidade

 Benvida, María, ó Camposanto
a mellor garda para ós nosos
queremos, si, amarte tanto,
canto a túa presencia merece

Tes un altar no noso corazón
nos beizos unha fervente oración
cada vez que ó
Campo Santo veñamos
pediremos, María, a túa bendición

Amén

Xosé Pumar Gándara

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?