Cáritas Interparroquial de Bergantiños: xornada de portas abertas na Horta Solidaria

por parroquiacarballo

Desde fai dous anos esta funcionando, na Casa Rectoral de Sísamo, na que se puxo o Tellado novo e se fixeron obras de rehabilitación,  unha Casa de Acollida de longa duración que se chama “Fogar Apostol Santiago”. É un programa de Cáritas Interparroquial de Bergantiños para persoas sin vivenda, que queiran deixar de vivir na rúa, traballando a horta e criando animais.
Xa pasaron por aquí 6  persoas e agora están residindo 3 .
Pero xuntamente coa Casa, comenzou o Programa “Horta Solidaria”, que se encargaron de poñer en marcha Ramón Abelenda  e Carmen Rey Varela, dirixindo o traballo dos voluntarios que están facendo unha fermosa labor de limpeza do muro, e plantación de hortalizas e flores que da gusto ver.
Con motivo da Semana cultural que O Candil organiza nos días da Novena de Nª Sª do Carmen, fixo uhna xornada de portas abertas á Horta solidaria, o xoves día 12, ás 20 hs, co seguinte programa:
– Visita a Casa Rectoral “Fogar Apóstolo Santiago”
– Presentación do proxecto “Horta solidaria”
– Da Horta a Mesa: entrega aos asistentes de productos da horta.
Tamén o domingo 15, na Misa da festa do Carmen, farase unha ofrenda floral á Virxe do Carme coas primeiras flores da Horta Solidaria.
Agradecemos e felicitamos a Ramón e a Carmen, así como aos voluntarios o traballo realizado.
Que Nª Sª do Carme vos bendiga!
 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?