Ante a noticia publicada o xoves 18 de febreiro de 2021 en La Voz de Galicia , en la página 9 por Manuel Varela, “Catedrales, huertas e helipuertos:la Iglesia registra 7.131 bienes en Galicia”…”En ese listado figuran las catedrales e iglesias gallegas, pero también solares, como una parcela del helipuerto del ambulatorio de Carballo…”, y el día 28 de Febrero vuelve a repetir la noticia” Más de la mitad de los bienes registrados por la Iglesia en Galicia no son de culto “, y una foto “Solar Helipuerto Carballo” , o Consello Pastoral e o Consello de Asuntos Económicos de San Xoán Bautista de Carballo queren facer as seguintes puntualizacións:
1.A parcela a que fai referencia non se rexistrou como propiedade da Igrexa ao amparo da Lei Hipotecaria de inmatriculacións , senón que foi unha doazón de Dª Clotilde Vilariño Fernandez a Igrexa Católica, parroquia de San Xoán Bautista de Carballo. Así consta na escritura outorgada ante o notario de Carballo D. Alfonso Goday Portais, o 28 de novembro de 1.986.
A parroquia agradecida cumpre coa obrigación de celebrar cada ano un funeral polos defuntos da donante.
2.- A Parroquia, mostrando o compromiso social, e a colaboración coas institucións permite gratuitamente a utlización deste solar para o servizo de Helipuerto do Centro de Saúde de Carballo. Igual que vén facendo coa cesión para uso social de todos os seu locais e vivendas :Centro Social, servizos de Caritas, acollida de transeúntes, pisos de acollida, Centro de día de maiores, Fogar Dª Basilisa, casas reitorais de Sísamo, Lema, Verdillo
3.-De igual xeito están inscritos no Rexistro os bens da Igrexa/Parroquia de Carballo:
-Capela do Perpetuo Socorro da Brea: Doazón da familia Romay Mancebo, ante o notario da Coruña Carlos Fraga Carreira (15/12/1992).
-Santuario de San Cristovo: Doazón da familia Porteiro Suárez , ante o notario de Carballo Enrique Gutierrez Aller (4/08/1983)
-Capela da Milagrosa: Doazón da Capela e compra do solar , os herdeiros de D Basilisa familia Peregil .Escritura ante o notario da Coruña Juan Cora Guerreiro (13/01/2010)
Todas as obras e melloras realizadas na Parroquia débense a xenerosidade dos fregueses e a transparencia e boa xestión económica desde Consello.
Carballo, 1 de Marzo de 2021
Consello Pastoral Parroquial e Consello de Asuntos Económicos de San Xoán Bautista de Carballo
