Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller

por parroquia

     Cada 25 de novembro celébrase este día. O Concello irmán de Coristanco, promovida pola concellería de cultura, tivo unha celebración especial.

     Presentamos un poema que foi lido na mesma. Hai en Carballo moitos veciños nacidos naquel concello ou que teñen alí familiares. Por iso, coidamos, seranlle coñecidos os datos que van no poema.

    Consta de tres partes. A 1ª semella a forma poética das nosas regueifas. A 2ª tira máis ben a parecerse ao poemario de Pondal. A 3ª é unha arenga en favor da muller.

Paz e Amor

     Din que a todos Dios nos dou

    foi nacer en casa familiar,

    con ledicia naquel fogar

    que por vida imos lembrar.

Nacen os irmáns, os netos,

morren os avós velliños

quedan os país queridos

recordan os anos vividos.

     Hai na casa tristuras

    veñen as enfermedades

    penas e demais angurias

    porque hai moitas maldades.

Pero hai abrazos e bicos

para sosegar as dores,

animan seguir adiante

da familia os amores.

     Velaí a paz que queremos

    onte, hoxe, tamén mañá,

    para todas as familias

    da terra bergantiñá.

Estamos ler e pensar

o que ás veces nos contan:

hai quen maltrata ata matar

a unha pobre muller.

    Temos todos a condición

    de nobres seres humanos

    nados e irmandados

    que en harmonía vivamos.

Gloria, honor, tamén saúde

a todas as boas mulleres

modelos de valor e virtude

rexeitadas ou violadas.

    Aborrecemento para eles

    os que levantaron a man,

    e mentres non se arrepintan

    amigos nosos non serán.

Choren de Seavia as campás

ximan as de Erbecedo,

protesten todas, sen medo

se alguén non respectou

á súa ama, ou á nai;

non debera ter nacido,

e se á súa esposa ou filla

Da  nosa terra sexa excluído.

    Cando do concello un veciño

     a unha muller faltare,

    no monte do quinto

    os lobos ouvearán;

    nos pallotes das aldeas

    os cans ladrarán;

    os muiños de Verdes

    quedos pararán;

    o río da Rabuxenta

    triste el, secará;

    a Ponte Lubián

    nos seus arcos tremerá;

    a Lagoa de Alcaián

    bágoas verterá;

    as abellas dos cortizos

   sen mel nos deixarán;

    as anduriñas ledas

    xa non volverán;

    no alto de Ferreira,

    por nós, a Sta María,

    Pondal rezae ha.

Ei rapaces!

mozos e mozas

novos e vellos!:

nunca maltrato

a muller haberá.

Ama e señora

sexa en boa hora,

na casa e na leira

na rúa e na feira

de todo Coristanco

ela raíña será

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?