cursos formativos e a oferta de servizos de acción social

por parroquiacarballo

Este martes, 19 de setembro, presentamos o intenso e variado Programa de cursos formativos e a oferta de servizos de acción social que a Parroquia a través do Centro de Inclusión  Social “San Xoán Bautista” e “Cáritas Interparroquial de Bergantiños” vai desenvolver no curso 2.017-2.018
Seguindo a liña de actuación que nos caracteriza habitualmente, facer relidade as Obras de Misericordia espirituais e corporais, para “Reconstruir a persoa e fortalecer as súas raíces”, iniciamos o novo curso con esperanzas renovadas e presentando un Plan de Acción elaborado secundando as directrices do Sínodo Diocesano que nos invita a impulsar unha maior conciencia social con atención especial ás persoas en situación ou risco de exclusión social.
A posta en práctica das indicacións do Sínodo coincide coa traxectoria do compromiso social destas Entidades que unen forzas para lograr a inserción socio-laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social(persoas sen recursos, en paro prolongado ou situacións de emerxencia…). Traxectoria  tan consolidada que xa se consideran Centros de Formación para a Inserción estables e permanentes.
De seguro que esta oferta de Programas e Servizos vai ser un instrumento de difusión do voluntariado e dos valores solidarios humanos-cristiáns que o sustentan.
Grazas sexan dadas a Deus e a cantos confían en nós e colaboran!
 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?