Xa o temos nos altares, hai pouco que entrou na nosa liturxia da Santa Misa.
Maior de tamaƱo, tipografĆa mĆ”is visible, artĆsticas ilustracións, posto ó dĆa coas celebracións que foron aparecendo. TamĆ©n algĆŗns engadidos novos. Pero o 90% do contido Ć© o mesmo ca o da segunda edición.
QuƩ melloras aparecen mƔis notorias?:
1.- Unha traducción moi coidada. Especialmente nas oracións. Debeu haber un equipo de literatos que souberon traducir uns textos que son, non xa para ser lidos, senón proclamados na Asemblea dos Fieis.
2.- FelicitĆ©monos porque no texto do Misal non aparece o desdoblamento de xĆ©nero tan habitual na fala de polĆticos.
Estamos cansos de oir: galegos/galegas; ciudadanos /ciudadanasā¦
Os académicos esfórzanse para cortar esta duplicidade, pero xa vai sendo tarde. Esa forma de falar é populista, demagóxica, gramaticalmente incorrecta.
Vexamos. Tanto en galego como en castelÔn, ademÔis dos xéneros  masculino e feminino, hai o xénero epiceno que serve para expresar,non un individuo ou outro, senón a especie. Se lemos no Misal: el hombre fue redimido por Cristo, ese hombre non é do xénero masculino, senón do epiceno. Equivale a dicir: la humanidad fue redimida por Cristo.
Poderiamos multiplicar os exemplos aludindo a pombas, flores, Ôrbores⦠porque neses grupos hai seres femininos e masculinos.
Polo tanto, son substantivos de xƩnero epiceno.
3.- Por outra parte, gustarĆanos que en vez de siervos traducisen hijos. TamĆ©n un exacto emprego dos pretĆ©ritos perfectos e indefinidos, que son riqueza da lingua castelĆ”, anque oralmente os confundamos. Non Ć© o mesmo ha resucitado que resucitó. No pretĆ©rito perfecto o acontecemento acaba de suceder. Esta distinción non a ten nin o latĆn nin o galego. Os bos escritores usan adecuadamente ambos pretĆ©ritos. Nos prefacios pascuais e nalgunha aclamación despois da consagración aparecen conxuntamente os dous tempos. AsĆ temos: ha sido inmolado con fue demolida; ha resucitado con murió. AsĆ na anĆ”fora 1ĀŖ para Misas con Nenos. O dĆa da Vixilia Pascual Ć© propio que se empregue o pretĆ©rito perfecto: Ha resucitado.
