Danos un 2016 cheo de paz

por parroquiacarballo

Co calendario parroquial quero desexarvos un 2016 cheo de Paz. Neste Ano da Misericordia, Deus Pai espéranos cos brazos abertos. A casa da túa familia, a Parroquia, acóllenos.
Reitero o sincero recoñecemento e acción de gracias a todos os amigos e fregueses de Carballo e parroquias da Unidade Pastoral pola vosa presencia e tantas mostras de cariño con que me acompañastes na Misa de acción de gracias,con motivo das Vodas de Ouro Sacerdotais. E tamén pola comida de homenaxe con que me obsequiastes o domingo día 20.

Que o Señor vos bendiga e recompense coa súa Misericordia neste Nadal e durante todo o ano 2016.
Asdo/José García Gondar
944696_1061965090533392_3400604096636684712_n

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?