Entradas
-
Así temos oído chamar a esta festa da Asunción de Nosa Señora. A meirande parte das nosas parroquias teñen no 15 de Agosto a festa patronal. Aquí, entre nós: Rus, …
-
Pasaron xa vintecinco anos daquela Xornada Mundial da Xuventude que tivo lugar en Santiago de Compostela. Medio millón de xóvenes de todo o mundo viñeron en peregrinación a Compostela, convocados …
-
Nos comezos de agosto hai en Bergantiños tres parroquias que teñen por Patrón ao Divino Salvador ou San Salvador. Que das dúas maneiras aparece a titulación. Referímonos a Sofán, Erbecedo …
-
“Todos os camiños levan a Roma”. Quizais mellor dito estaría que “todos os camiños levan a Santiago”. Estámolo vendo nos nosos días. Os peregrinos enchen os camiños que levan a …
-
O noso papa Francisco e o Sr Arcebispo don Xulián pídennos que reflexionemos sobre a crise que está a vivir a familia e que lles comuniquemos as nosas ideas. Haberá …
-
-
O seu anuncio suscitou ansias por escoitalo. Aínda recordabamos a súa lección cando fora distinguido como Carballés do Ano. Foi unha ensinanza que amosaba o seu profundo amor a Carballo …
-
Xosé Pumar
Discurso de Xosé Pumar Gándara na entrega dos premios “Padroado Fogar de Bergantiños”
598 VisitasSr Alcalde e Autoridades; Sra Presidenta do Padroado Fogar de Bergantiños; Membros de Padroado; compañeiros galardoados; bergantiñáns todos: Sabedes que son un migrante galego que andiven entre as terras de …
-
Non é posible encadralo dentro dunha guía de viaxe, nin dun libro de historia ou de arte. En frases moi breves, cun estilo áxil, que o caracteriza, don Xosé Pumar …
-
O sábado 24 de agosto presentaouse o libro “Viaxe polo corazón de Bergantiños” de Xosé Pumar Gándara na Feira do Libro de Carballo. No acto participaron Miguel Toval, Xosé Pumar, …
Desde que soubemos tan triste noticia, quedamos abraiados. Os que coñecimos a don Ramón, Párroco da Escravitude, temos gozado da súa axuda, é un sacerdote cheo de bondade, moi sensible ante calquera tristura. Sempre axudaba, o seu coche era un servizo para todos. Home de oración, á que dedicaba largo tempo naquel santuario, que el restaurou con gusto e arte. Atendeu cantas parroquias a doces e lle encomendou.
María Soto Montero (q.p.d.) era un alma comunicativa, faladora. Recordaba o seu tempo de estancia en Sofán, cando era párroco o seu curmán don Celso Madriñán Soto (e.p.d.). María Soto representa a esas almas fieis que viven para axudar ós sacerdotes. Son exemplo de vida cristiá, sufren cos sufrimentos dos sacerdotes, animan, protexen. Fan posible a misión evanxelizadora. Tamén para iso hai que ter vocación. Poucas persoas vexo xa que vivan para esa misión da atención a sacerdotes.
Oremos por don Ramón. Que recuperemos a este gran sacerdote, tan querido na súa parroquia e en todas nas que exerceu.
Quen isto escribe séntese moi obrigado para con don Ramón , pois tenme confortado nas miñas horas de cruz. Agora pido una oración por el, como eu fago nestes días de dolor.
Don Ramón Barrral Camba é un bo corazón , una bendición de Deus para nós.
Que El nolo conserve moitos anos